erosión

erosión

lat erosĭōne ‘roedura’

Plural: erosións
  1. s f

    Desgaste producido na superficie dun corpo polo rozamento con outro.

    1. s

      Conxunto de procesos que sofren as rochas e que modifican o seu aspecto orixinal. Os principais axentes erosivos son o vento, a auga, a amplitude térmica e a acción dos seres vivos.

    2. erosión diferencial

      Erosión que afecta a materiais de distinta dureza, de xeito que o menos resistente a un determinado axente de erosión resulta máis afectado.

    1. s

      Destrución ou ulceración dun tecido orgánico provocada pola fricción, compresión e a corrosión.

    2. erosión dentaria

      Desgaste progresivo dos dentes que comeza no esmalte e se estende á polpa.

  2. erosión xenética [XEN ]

    Perda gradual de diversidade xenética entre ou dentro dunha poboación.