enxoval

enxoval

ár šuwār ‘dote de casamento’

Plural: enxovais
  1. s m

    Conxunto de mobles, alfaias, roupa ou outras cousas, que achegan os noivos cando casan.

  2. s m

    Conxunto de mobles, roupa e outras cousas que son de uso corrente nunha casa.

  3. s m

    Conxunto de roupas e outras cousas necesarias para un neno que acaba de nacer.

  4. enxoval funerario [ARQUEOL ]

    Conxunto de obxectos, tanto útiles como votivos, que aparecen xunto ao defunto.

Citas

  • Leva anos preparando o enxoval para cando case
  • Necesita mercar unhas toallas correntes para o enxoval diario
  • Xa ten o enxoval preparado para cando naza o fillo