entreperna

entreperna

entre- + perna

Plural: entrepernas
  1. s f
    1. Parte do corpo constituída pola cara interna das coxas.

    2. Parte dunha peza de vestir que se corresponde coa cara interna das coxas.

  2. s f col

    Órganos xenitais, especialmente dos homes.

Citas

  • Desenvurullou o meniño porque tiña a entreperna rozada
  • Rompeulle a entreperna do pantalón
  • Tivo que lle botar unhas entrepernas ao pantalón porque lle rompeu
  • Tombouno da patada que lle deu na entreperna