entre
entre
lat inter
-
prep
Indica situación ou localización espacial ou temporal, de algo ou de alguén, con respecto a dous ou máis puntos que se indican.
-
prep
No medio de ou no interior de algo.
-
prep
Indica que algo ou alguén está incluído nun grupo.
-
prep
Expresa termo medio.
-
prep
Indica cooperación ou participación.
-
prep
Expresa a operación aritmética da división.
-
prep
Indica comparación ou relación entre cousas ou persoas. OBS: Contrae co indefinido ambos(as) e con ámbolos, ámbalas nas formas entrambos(as) e entrámbolos, entrámbalas.
Citas
- Dividiu a torta entre os comensais, OBS: Pode admitir o incremento da prep de, Fixo a casa entre das árbores, É o mellor entre deles
- Entre eles hai un grande amor, Entre amigos debe haber confianza
- Estaba entre os que aprobaron o primeiro exame, Entre os seus amigos hai dous que son estranxeiros
- Fixeron o mural entre os alumnos da clase
- Gardaba os cartos entre a roupa do armario, Meteu a foto entre as follas do libro
- Non sei cál comprar, estou entre elixir a blusa vermella ou a laranxa
- Se dividimos cen entre catro o resultado é vintecinco
- Sentárono entre os irmáns maiores, Chapa está entre Bandeira e Silleda, Visitareivos entre o 15 e o 20 deste mes, Non deberías comer nada entre horas
- Ten unha cor indefinida, entre verde e marrón