ensino
ensinar
-
s
m
Acción e efecto de ensinar.
-
s
m
Profesión que consiste en ensinar.
-
s
m
Conxunto de materias que se ensinan.
-
-
s
Sistema e método de educar e instruír.
-
ensino infantil/educación infantil
Ensino que non é obrigatorio e abrangue dous ciclos: o primeiro, desde o nacemento ata os 3 anos, e o segundo, desde os 3 aos 6 anos.
-
ensino primario/educación primaria
Ensino que ten carácter obrigatorio e abrangue desde os 6 ata os 12 anos. Configúrase en tres ciclos de dous cursos cada un.
-
ensino secundario/educación secundaria
Ensino que abrangue o Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) e mais o Ensino Secundario non Obrigatorio (ESNO). A ESO completa o ensino primario e abrangue catro cursos académicos (dos 12 aos 16 anos). Ao rematar a ESO (16 anos) conclúese o período de estudos básicos e obrigatorios e pódese acceder ao ESNO. Este inclúe dous cursos académicos (dos 16 aos 18 anos) de bacharelato ou de formación profesional específica de grao medio.
-
ensino superior/educación superior
Ensino que abrangue o ensino universitario/educación universitaria e outras institucións que outorgan cualificacións profesionais. Os estudos universitarios poden ser de primeiro, segundo e terceiro ciclo, que conducen respectivamente á diplomatura, licenciatura e doutoramento.
-
s
Sinónimos
Refranes
- A un cego mal se lle pode ensinar o camiño.
- Ninguén naceu ensinado.