ensalada

ensalada
Plural: ensaladas
    1. s

      Prato formado por vexetais crus ou arroz, pataca cocida ou pasta, picados, revoltos e xeralmente condimentados con sal, aceite, vinagre, limón ou outros elementos ou salsas.

    2. ensalada rusa

      Comida feita con patacas e outros vexetais cocidos, como cenorias ou chícharos, aos que se lles poden engadir outros crus, así como ovo cocido, atún e maionesa.

  1. s f [LIT/MÚS ]

    Composición poética e musical de estilo madrigalesco a catro voces ou máis, cultivada no s XVI na Península Ibérica.

Formas incorrectas

ensaladilla

Refranes

  • Coa ensalada, ou viño ou nada.
  • Da ensalada, dous bocados e deixala.