enfisema
enfisema
lat emphysēma gr ἐ μ ϕ ύσημα ‘inchazón’
-
s
m
[PAT ]
Presenza anormal de aire ou de gas nos tecidos orgánicos, que provoca a distensión dos mesmos.
-
enfisema pulmonar
[PAT ]
Enfermidade do pulmón que se caracteriza por unha dilatación moi grande e permanente dos alvéolos pulmonares, con atrofia e destrución dos mesmos.
-
enfisema subcutáneo
[PAT ]
Presenza de aire ou de gas entre o tecido conxuntivo subcutáneo.