enerxía

enerxía

lat energīa gr   ἐ νέργεια

Plural: enerxías
    1. s

      Capacidade física ou psíquica para obrar ou producir un determinado efecto.

    2. s [FÍS/QUÍM ]

      Capacidade dun sistema físico para producir un traballo. Diminúe nunha cantidade igual ao traballo producido e mídese nas mesmas unidades ca este.

    3. captación de enerxía [FISIOL ]

      Método mediante o que os seres vivos autótrofos incorporan enerxía do exterior para poder sintetizar substancias orgánicas no seu interior.

    4. enerxía alternativa [FÍS ]

      Enerxía que produce unha transformación limpa, sen residuo, como a solar, a eólica e a mareomotriz, entre outras.

    5. enerxía de activación / [QUÍM/FÍS ]

      Enerxía que teñen que acadar conxuntamente as moléculas dos reactantes para que a reacción teña lugar.

    6. enerxía de compactación [CONSTR ]

      Enerxía que se lle aplica a unha capa de terra ou de firme para conseguir un determinado grao de compactación.

    7. enerxía de configuración [QUÍM ]

      Relación entre a enerxía da capa de valencia e a do estado estable do átomo libre.

    8. enerxía electromagnética [FÍS ]

      Enerxía que deriva da natureza electromagnética da materia.

    9. enerxía interna/termodinámica / [FÍS/QUÍM ]

      Enerxía dun sistema que se define como a suma das enerxías cinéticas das partículas e a enerxía potencial das forzas intermoleculares, pero excluíndo as enerxías cinética e potencial do sistema como un todo.

    10. enerxía mecánica [FÍS ]

      Enerxía que é resultado da suma das enerxías cinética e potencial do sistema.

    11. enerxía nuclear [FÍS ]

      Enerxía que mantén os compoñentes do núcleo atómico unidos nun espazo moi reducido.

    12. enerxía radiante [FÍS ]

      Enerxía transmitida a través dun medio en forma de ondas electromagnéticas.

    13. produción de enerxía [FISIOL ]

      Método oxidativo segundo o que os seres vivos obteñen a enerxía química necesaria para levar a cabo as súas funcións.

  1. s f

    Capacidade para manterse firme malia as oposicións ou obstáculos.

  2. s f

    Forza ou intensidade con que se realiza algo.

Citas

  • Falou con moita enerxía na conferencia, Fregou as escaleiras con enerxía para que quedasen ben limpas
  • Os manifestantes reinvidicaron con enerxía as súas ideas malia a represión policial
  • Sachar nas patacas toda a mañá deixoume sen ningunha enerxía, Xa non teño enerxía para seguir traballando