encefalopatía

encefalopatía

encéfalo + -patía

Plural: encefalopatías
  1. s f [PAT ]

    Enfermidade ou transtorno do encéfalo de calquera etioloxía como a vascular, metabólica, tumoral ou a traumática entre outras.

  2. encefalopatía esponxiforme bovina [VETER ]

    Enfermidade producida por unha proteína infecciosa ou prión que lle afecta ao gando bovino e que se inclúe dentro das encefalopatías esponxiformes transmisibles. A vía de transmisión é a inxestión por parte dos animais de alimentos contaminados co prión. OBS: Tamén se denomina enfermidade ou mal das vacas tolas.

  3. encefalopatía esponxiforme humana [PAT ]

    enfermidade de Creutzfeldt-Jakob.

  4. encefalopatía esponxiforme transmisible [PAT/VETER ]

    Enfermidade neurodexenerativa que ten como axente causal un prión e que se caracteriza por un tempo de incubación extremadamente longo e un desenvolvemento moi lento ata chegar á morte.