encaixe

encaixe

encaixar

Plural: encaixes
  1. s m

    Acción e efecto de encaixar.

    1. s

      Tecido fino ornamental que consiste nun calado de fíos cun fondo reticulado, decorado con debuxos de diversa índole.

    2. encaixe de agulla

      Encaixe que se realiza a partir dun debuxo previo, feito en papel, e co emprego dun fío de liño branco.

    3. encaixe de Camariñas

      Tipo de encaixe que se realiza no concello de Camariñas. É un derivado dos encaixes europeos, concretamente do tipo dos guipures de palillos. Leva moitos puntos de sprit, que forman estrelas e flores e os fondos son xeralmente de malla cadrada.

    4. encaixe de lanzadeira

      Encaixe que se realiza cunha ou dúas lanzadeiras.

    5. encaixe de palillos/de bolillos

      Encaixe que se realiza cuns pequenos fusos de madeira de buxo, palillos, que levan o fío envolto, e trabállase sobre unha almofadiña cilíndrica ou cadrada, mundillo, que se adoita apoiar nos xeonllos e que ten fixado un patrón de papel en que aparece o debuxo que se quere realizar.

  2. encaixe bancario [ECON ]

    Reserva monetaria que está formada polos cartos legais que os bancos teñen nas súas caixas e polos depósitos que teñen obriga de reter no banco central. OBS: Tamén se denomina reservas bancarias.

  3. encaixe recíproco [ANAT ]

    Tipo de diartrose en que as superficies articulares que a forman son unha cóncava e a outra convexa e se dispoñen de forma oposta.

Citas

  • Esa peza non nos serve porque estoutra ten o encaixe moi pequeno
  • O encaixe dese aro ten forma dentada
  • Para rematar o carro só nos falta realizar o encaixe da roda no eixe