encadeamento

encadeamento

encadear

Plural: encadeamentos
  1. s m

    Acción e efecto de encadear ou encadearse.

  2. s m [IMAX ]

    Recurso cinematográfico que consiste na desaparición gradual dunha imaxe e na aparición, tamén de xeito gradual, doutra imaxe diferente a continuación desa primeira.

  3. s m [INFORM ]

    Método polo que o procesamento dun elemento prepara o procesamento do elemento seguinte.

  4. s m
    1. Unión directa de dous ou máis acordes.

    2. Unión entre dous movementos dunha composición que habitualmente irían separados.

  5. encadeamento de respostas [PSIC ]

    Técnica en que se unen varias asociacións E-R (estímulo-resposta) previamente aprendidas nunha secuencia ordenada.