empresa
ital impresa
-
s
f
Acción e efecto de emprender.
-
-
s
Entidade económico-xurídica integrada polos elementos da produción, capital e traballo, para a obtención de bens ou de servizos con fins lucrativos.
-
empresa asociada
Empresa sobre a que exercen influencia outras empresas a través dunha participación no seu capital social.
-
empresa de traballo temporal [ETT]
Empresa que se dedica a poñer en disposición doutra empresa usuaria, e de forma temporal, os traballadores contratados pola primeira.
-
empresa filial
Empresa controlada por unha empresa matriz posuidora dun número suficiente de accións que lle outorgan o control.
-
empresa matriz
Empresa que constitúe outras empresas filiais, ás que dirixe, mediante o control maioritario da propiedade.
-
empresa multinacional
Empresa que posúe sociedades que operan en diversos países. OBS: Tamén se denomina empresa supranacional ou transnacional.
-
empresa privada
Empresa en que o capital é individual ou pertencente a un conxunto de persoas denominadas socios.
-
empresa pública
Empresa en que o capital é propiedade total ou maioritariamente dunha institución pública, e a súa finalidade é a de producir bens e ofertar servizos de interese xeral.
-
pequena e mediana empresa [PEME]
Conxunto de empresas catalogadas pola Comunidade Europea segundo criterios de facturación, capital e número de traballadores.
-
s
-
s
f
[HIST ]
Compromiso de tipo militar asumido mediante xuramento por un cabaleiro.