ablución
ablución
lat ablutiōne ‘lavado, bautismo’
-
s
f
Acción de abluír ou abluírse.
-
s
f
Purificación da materia, segundo os alquimistas, por sometemento á acción continuada do lume.
-
s
f
[RELIX ]
Purificación relixiosa dunha persoa por medio da auga.
-
s
f
[RELIX ]
Acción de limpar o cáliz e de lavar os dedos despois da comuñón, no rito cristián da misa.
Citas
- Antes de ir ao traballo realiza as súas ablucións matinais
- Nos tratados de alquimia dise que a ablución purifica a materia
- Os musulmáns europeos fan as súas ablucións todos os días