embrión
embrión
gr ἕ μβρυον ‘feto’, ‘acabado de nacer’, de βρύειν ‘xermolar’
-
s
m
[BIOL ]
Organismo vivo desde o estado de óvulo fecundado ou ben activado ata que o novo ser, nos organismos con desenvolvemento directo, manifesta xa a súa estrutura adulta, ou, nos organismos con desenvolvemento indirecto, é capaz de levar unha vida independente, aínda que sexa baixo o aspecto de larva.
-
s
m
[BOT ]
Esporófito das plantas superiores na primeira fase de crecemento, antes da xerminación.
-
s
m
Comezo ou fase inicial de desenvolvemento dalgunha cousa.
-
embrión hexacanto
[ZOOL ]
oncosfera.
Citas
- Temos o embrión do proxecto de rehabilitación da casa