embaixada

embaixada

provenzal antigo ambaissada

Plural: embaixadas
  1. s f
    1. Conxunto formado polo embaixador e as persoas que están baixo as súas ordes.

    2. Edificio ou residencia en que desenvolve o exercicio das súas funcións un embaixador.

    1. s [DER ]

      Representación diplomática permanente dun Estado noutro estranxeiro.

    2. dereito de embaixada

      Dereito que teñen os estados soberanos de enviar representantes diplomáticos aos outros estados e de recibir os que estes envíen.

  2. s f

    Cargo de embaixador.

  3. s f

    Mensaxe que se envía por medio dun embaixador.

  4. s f
    1. Misión enviada ante un xefe de estado, goberno ou país estranxeiro, para tratar algún asunto de importancia.

    2. Misión ou xestión confiada a un particular.