elipsoide

elipsoide

elipse + -oide

Plural: elipsoides
  1. adx

    Que ten forma de elipse.

  2. s m [MAT ]

    Superficie de segundo grao ou cuádrica con centro que ten por ecuación (x 2 /a 2 )+(y 2 /b 2 )+(z 2 /c 2 )=1 se os eixes de coordenadas son os propios da cuádrica.

  3. elipsoide de deformación [XEOL ]

    Figura sólida onde todas as seccións planas son elipses ou círculos, que se emprega para representar os valores de deformación dun material.

  4. elipsoide internacional [XEOG ]

    Forma matemática do elipsoide adoptada polo convenio internacional referente ao achatamento da Terra, que se emprega como referencia en cartografía.

  5. elipsoide terrestre [XEOG ]

    Elipsoide aplanado que ten o eixe menor paralelo ao eixe da Terra, e que se emprega en xeodesia para aproximar matematicamente a forma do xeoide.

Citas

  • Os balóns de rugby son elipsoides