elevador -ra

elevador -ra
Plural: elevadores Masculino: elevador Masculino plural: elevadores Feminino: elevadora Feminino plural: elevadoras
  1. adx
    1. Que eleva ou serve para elevar.

    2. [ANAT ]

      Que ten como finalidade elevar as partes nas que están inseridos. Tm s m, referido a músculo.

  2. s m [TECNOL ]

    Aparato que se emprega para elevar verticalmente ou cunha certa inclinación unha carga.

  3. s m [TECNOL ]

    Transformador destinado a aumentar a tensión dunha corrente alterna.

  4. s m [AERON ]

    Temón de profundidade ou de cabeceo.

  5. s m [GRÁF ]

    Cada un dos dous mecanismos empregados na linotipia, que conducen as matrices antes e despois das operacións de xustificación e de fundición.