electrocromatografía
electrocromatografía
electro- + cromatografía
s
f
[QUÍM ]
Técnica analítica de separación baseada na electroforese que se efectúa nun medio estabilizador. É unha técnica moi empregada en análise clínica e en bioquímica. A aplicación máis importante é a separación de proteínas e outras moléculas contidas nos diversos fluídos corporais.