electricidade

electricidade

eléctrico

Plural: electricidades
    1. s

      Conxunto de fenómenos asociados á presenza de partículas cargadas electricamente, en repouso ou en movemento. Está suxeita á lei de conservación e constitúe unha das formas posibles de enerxía.

    2. electricidade estática

      Fenómeno eléctrico ocasionado por un exceso ou un defecto de electróns en repouso nunha determinada materia.

  1. s f [FÍS ]

    Parte da física que estuda os fenómenos eléctricos, debidos á existencia de cargas eléctricas, e que se divide en electrostática, electrocinética, electrodinámica e electromagnetismo.

  2. s f

    Corrente ou fluído eléctrico.

  3. s f

    Instalación eléctrica.

Citas

  • Para rematar a casa só lle queda a fontanería e a electricidade