elatérido -da

elatérido -da

lat científico Elater, xénero de animais

Plural: elatéridos Masculino: elatérido Masculino plural: elatéridos Feminino: elatérida Feminino plural: elatéridas
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos elatéridos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM ]

    Insecto da familia dos elatéridos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM ]

    Familia de coleópteros, formada por escaravellos alongados e estreitos, moitas veces cubertos dunha fina pilosidade, con antenas de 11 artellos que poden aloxarse nuns sucos laterais, e cabeza encaixada baixo o pronoto, que ten os ángulos posteriores prolongados cara a atrás e rematados nunha punta aguda. Presentan un mecanismo de resorte que lles permite saltar cando quedan de costas e indefensos, co que recuperan a posición normal.