egoísmo
egoísmo
1 ego- + -ismo
-
s
m
Excesivo amor a un mesmo que fai atender unicamente o interese propio, mesmo en prexuízo do dos demais.
-
s
m
[FILOS ]
Teoría ética que considera o propio interese como o fin da acción moral.
Sinónimos
Antónimos
Citas
- O seu egoísmo fixo que perdera os amigos
Refranes
- A cabeza do merlón diante de ti a pon; e a da boga, diante da túa sogra.
- A que se alimenta de man allea, nunca está chea.
- Antes son os meus dentes cós meus parentes.
- Cada cal quere leva-la auga ao seu muíño.
- Cada un é para sí e non para os máis.
- Cada un enche a súa culler, polo que poida ser.
- Cada un unta a súa culler, polo que poida ser.
- Cada un,tira da auga para o seu muíño, inda que deixe seco o do veciño.
- Como son así, mellor quero para min que para ti.
- Despois que eu bebo ¿quen quere auga?
- Máis quero para os meus dentes que para os meus parentes.
- Máis quero ter para os meus dentes que para os meus parentes.
- Mans que tomades e non dades ¿que esperades?
- Mellor é noso que voso e mellor é meu que noso.
- Meu amigo papafigo come o seu soilo e o meu comigo.
- Nas túas contas, medidas acuguladas; e nas alleas, sempre axustadas.
- Nunca o diaño fixo empanada, que non quixera a mellor tallada. I
- O convidado ten sempre o paso largo.
- O que teña bo viño, bébao e non llo dea ao seu veciño.
- Os máis fieis parentes son os dentes e os máis leais son os queixais.
- Pan centeo, mellor no meu papo que no alleo.
- Pan de trigo ou de centeo quéroo máis no meu ventre que no alleo.
- Renego de señora que todo o chora.
- Toda a carne come o lobo, menos a súa, que a lambe.
- Unha no papo e outra no saco e inda cobiza o que queda no prato.
- ¡Pan, pan!: moitos o comen e poucos o dan.