efluvio
efluvio
lat effluvĭu
-
s
m
Emisión agradable ao olfacto de partículas moi sutís que se desprenden dun corpo e se manteñen no ambiente.
-
s
m
Emanación ou exhalación dun cheiro desagradable.
-
s
m
[FÍS ]
Tipo de descarga eléctrica nos gases ou no aire, que se caracteriza pola produción dunha luminescencia feble sen ruído nin quecemento apreciables, que se produce cando o campo eléctrico sobrepasa un determinado valor.
Citas
- Aquela moza ía envolta en efluvios de simpatía, As cores verdes do cuarto transmítenme efluvios de tranquilidade
- No seu cuarto respírase un exquisito efluvio de papoulas
- Por aí non quero pasar porque non aturo os efluvios das cortes