efeméride

efeméride

lat ephemerĭde gr ἐϕ ημερίς -ίδος

Plural: efemérides
  1. s f

    Acontecemento notable que se recorda en calquera aniversario do mesmo.

  2. s f pl
    1. Libros ou memorias que se empregaban na Antigüidade para rexistrar día a día os acontecementos da vida dun personaxe.

    2. Relación en que se recollían todos os feitos acaecidos un día determinado en diferentes épocas.

  3. s f pl
    1. Almanaque que recolle todos os datos astronómicos.

    2. Conxunto de táboas en que se indican as distintas disposicións que ocupan cada día no firmamento certos astros móbiles durante un intervalo de tempo que adoita ser dun ano.

Citas

  • Aínda lembro a conmemoración daquela efeméride