ecuestre

ecuestre

lat equestre

Plural: ecuestres
  1. adx

    Relativo ou pertencente á equitación.

    1. adx

      Relativo ou pertencente aos cabaleiros.

    2. orde ecuestre [HIST ]

      Clase romana situada por baixo da senatorial e integrada orixinalmente polos cabaleiros, vella clase militar da que se nutría a cabalaría romana desde Servio Tulio.

  2. adx [ARTE ]

    Que representa unha persoa a cabalo.

  3. bens ecuestres [HIST ]

    Bens polos que se prestaba o servizo de cabaleiro na época feudal.

Citas

  • Nas festas deste ano houbo actuacións ecuestres