ablativo -va

ablativo -va
Plural: ablativos Masculino: ablativo Masculino plural: ablativos Feminino: ablativa Feminino plural: ablativas
  1. adx

    Que produce ablación.

  2. adx [IND/QUÍM ]

    Aplícase aos materiais que se empregan no revestimento dos vehículos espaciais para absorber a calor que se produce cando o vehículo retorna á atmosfera.

    1. s

      Caso da declinación do indoeuropeo que perdura nalgunhas linguas.

    2. s

      Caso latino que indica numerosas nocións circunstanciais e adoita ir acompañado de preposicións.

    3. ablativo absoluto/participio absoluto

      Na gramática latina, construción constituída por un participio que concorda cun nome en ablativo sen preposición que vai na súa mesma oración e realiza a función de suxeito.