droga

droga

bretón droug ‘malo’ ou neerl dro-ghe ‘cousa seca’?

Plural: drogas
    1. s

      Cada unha das substancias que, por mor da súa estrutura química semellante á de determinados neurotransmisores, actúan sobre o sistema nervioso central de xeito que alteran o estado de ánimo, a percepción e o coñecemento, e que a miúdo producen dependencia.

    2. droga de deseño

      Substancia que, procedente da modificación dunha droga, consegue certas peculiaridades na súa acción farmacolóxica.

  1. s f [MED ]

    Cada un dos principios activos presentes en vexetais ou en animais que, convenientemente preparados e conservados, se empregan en terapéutica e experimentación.

Citas

  • Elaborou o preparado mesturando varias drogas