drávida

drávida

sánscr drāvida

Plural: drávidas
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo drávida.

  2. s [ETN/HIST ]

    Individuo do pobo drávida.

  3. s m pl [ETN/HIST ]

    Pobo da Antigüidade que se estendía pola India e Birmania.

  4. linguas drávidas/dravídicas [LING ]

    Familia de linguas que se falan na India. Literariamente, as linguas drávidas máis destacadas son o támil, o malayalam, o telugu e o kanarés.