dose
dose
gr δόσις ‘acción de dar’
-
s
f
[MED ]
Cantidade dun produto farmacoloxicamente activo que provoca un efecto determinado.
-
s
f
Cantidade dunha substancia que se engade a outras para elaborar algo.
-
s
f
Cantidade de algo.
-
dose absorbida
[FÍS ]
Magnitude física que expresa a cantidade de enerxía cedida por unha radiación que ioniza a unidade de masa irradiada.
-
dose equivalente
[FÍS ]
Enerxía que unha radiación de referencia ten que comunicar á unidade de masa dun tecido para producir o mesmo efecto biolóxico ca a dose absorbida da radiación estudada.
-
dose xénica
[XEN ]
Número de copias dun xen presentes nun núcleo ou nunha célula.
Citas
- As doses de sal e de azucre son moi pequenas para facer este pastel
- Necesito unha boa dose de paciencia para estar contigo