documento

documento

lat docŭmĕnto

Plural: documentos
  1. s m

    Escrito que serve de proba ou testemuño ou que proporciona unha información, fundamentalmente de carácter legal, oficial ou histórico.

    1. s [DER ]

      Escritura que expresa declaracións de vontade positivas ou negativas, ou ben, feitos e dereitos.

    2. documento pontificio / [DER/RELIX ]

      Escrito oficial que procede do papa.

  2. documento nacional de identidade

    Documento oficial acreditativo da personalidade individual do seu portador e titular.

Refranes

  • A muller e ao papel todo lles has de ver.
  • Antes de contar, escribe e, antes de firmar, recibe.
  • Calen barbas e falen cartas.
  • Falen cartas e calen barbas.
  • O papel é moi sufrido e moi calado.
  • O papel non se debe romper.
  • O papel pode con todo.
  • O papel rexe todo.
  • O papel terma de todo.
  • O papel terma do que lle poñen.
  • O papel terma do que se que ira escribir nel.
  • O papel todo o consente.
  • O papel, que se rompa el.
  • Onde hai cartas, calan barbas.
  • Onde hai papel calan barbas.
  • Papel e tinta diñeiro custa.