dobrete

dobrete

dobre

Plural: dobretes
  1. s m
    1. Feito de facer ou conseguir algo dúas veces.

    2. Conxunto de dous triunfos que un deportista ou equipo acada en dúas probas distintas dunha mesma competición.

    3. Feito de acadar un equipo deportivo na mesma tempada dous títulos oficiais, polo xeral os que se disputan no mesmo ámbito territorial.

    4. [ESPECT ]

      Representación de dous ou máis personaxes diferentes nunha mesma obra teatral, ou actuar ao tempo en dúas obras distintas.

  2. s m [LING ]

    Cada unha das dúas solucións, xeralmente diferenciadas, que coexisten nunha lingua, a partir dunha única orixe etimolóxica. OBS: Tamén se denomina parellas léxicas.

    1. s

      Parella de estados estacionarios que teñen o mesmo momento angular orbital e o mesmo spin, pero que se diferencian no seu momento angular total e, polo tanto, na súa enerxía, polo que presentan diferentes axustes spin-órbita.

    2. s

      Parella de partículas fundamentais que teñen masas lixeiramente diferentes, cargas diferentes e o resto de características iguais.

    3. dobrete acromático

      Sistema formado por dúas lentes delgadas, achegadas, ou separadas, que se emprega en óptica co fin de alcanzar o acromatismo.

    4. dobrete electrónico

      Parella de electróns que enlazan, nalgunhas moléculas, dous átomos.

Citas

  • Conseguiu o dobrete nos Xogos de Seúl ao gañar as carreiras de 100 e 200 m

Palabras vecinas

dobregábel dobregable dobregar dobrete dobrez dobrón doca