ditoloxía

ditoloxía

gr διττός   ‘dobre’+   -loxía ‘palabra’

Plural: ditoloxías
  1. s f [LING ]

    Repetición involuntaria dunha ou varias sílabas ou mesmo dunha palabra que se produce na fala.

  2. s f [LIT ]

    Figura retórica que consiste na aparición de parellas de termos sinónimos, contrapostos ou complementarios nunha mesma frase ou período, xustapostos ou relacionados mediante unha conxunción.

  3. ditoloxía sintáctica [LING ]

    Realización dunha palabra de dúas maneiras distintas segundo o contexto formal en que se atopen.