distribuidor -ra

distribuidor -ra
Plural: distribuidores Masculino: distribuidor Masculino plural: distribuidores Feminino: distribuidora Feminino plural: distribuidoras
  1. adx

    Que distribúe. Tm s.

  2. s m
    1. Mecanismo automático das linotipias formado por unha barra estriada e tres cilindros sen fin, que depositan cada matriz na canle correspondente do almacén.

    2. Rolo que bate a tinta nas máquinas de imprimir.

  3. s m
    1. Órgano fixo das turbinas que lle dá a dirección adecuada ao fluído.

    2. Órgano fixo dun circuíto hidráulico ou pneumático que permite abrir ou pechar unha ou máis vías de paso ao  fluído.

    3. Órgano que se emprega nas máquinas de vapor, para establecer a comunicación, alternativamente, entre a caldeira e unha das caras do pistón motor, e entre a outra cara deste pistón e a atmosfera ou o condensador.

  4. distribuidor de acendido [TECNOL ]

    Aparato que se destina a deixar pasar os impulsos de corrente cara a cada buxía nos motores de acendido por chispa. OBS: Tamén se denomina delco.