distorsión

distorsión

lat tardío distorsĭōne

Plural: distorsións
  1. s f [PAT ]

    Lesión que se produce nalgunha parte do corpo como resultado dunha torsión.

    1. s

      Deformación dunha imaxe, do son, dunha vibración ou dun sinal eléctrico, a causa das imperfeccións do aparato reprodutor ou amplificador ou ben nunha transmisión.

    2. distorsión de amplitude

      Distorsión que se produce cando os diferentes compoñentes de frecuencia do sinal son amplificados ou atenuados de forma desigual.

    3. distorsión harmónica

      Distorsión que se produce cando, ao  amplificar un sinal, se lle unen harmónicos de orde superior.

  2. s f

    Deformación ou alteración na reprodución ou exposición duns feitos.

Confrontaciones

retorzón, torcedura

Citas

  • A distorsión da realidade caracteriza a súa obra