disociación
lat dissociatiōne
-
s
f
Acción e efecto de disociar ou disociarse.
-
-
s
[QUÍM ]
Reacción pola que un composto químico se transforma en dúas ou máis substancias máis simples, elementais ou non.
-
calor de disociación
[FÍS ]
Enerxía que se absorbe cando un mol dunha substancia dada se disocia nos seus elementos constituíntes.
-
disociación iónica /
[QUÍM/FÍS ]
Reacción de equilibrio entre unha substancia en solución e os seus ións.
-
disociación térmica /
[QUÍM/FÍS ]
Reacción de ruptura dos enlaces dunha molécula e liberación dos átomos constituíntes que se consegue con temperaturas elevadas.
-
presión de disociación
[QUÍM ]
Presión do gas en equilibrio co sólido a unha temperatura determinada, cando o sólido se disocia dando lugar a un ou máis produtos gasosos.
-
s
[QUÍM ]
-
s
f
[PSIC ]
Ruptura da unidade psíquica da personalidade, perceptible mediante a observación de movementos ou expresións contrarias ao contexto intelectual ou emocional que os rodea.
-
s
f
[LIT ]
Procedemento que consiste nunha sucesión de conceptos ou de elementos incompatibles desde o punto de vista semántico ou lóxico nun mesmo período gramaticalmente correcto.
-
curva de disociación do osíxeno-hemoglobina
[FISIOL ]
Curva que representa a saturación da hemoglobina co osíxeno.
-
disociación albuminocitolóxica
[PAT ]
Aumento da cantidade de albumina no líquido cefalorraquídeo.