disgregación

disgregación

lat disgregatĭōne

Plural: disgregacións
  1. s f

    Acción e efecto de disgregar ou disgregarse.

  2. s f [QUÍM ]

    Operación química que consiste en solubilizar substancias insolubles en auga ou nos ácidos disolventes habituais na análise química.

  3. s f [XEOL ]

    Separación dos diferentes elementos que compoñen unha rocha por causas mecánicas ou químicas.

    1. disgregación mental

      Trastorno do pensamento que consiste nunha falta de estruturación e coherencia mental.

    2. disgregación psíquica

      Trastorno en que se dá unha desconexión evolutiva entre os diferentes elementos do psiquismo.