disco

disco

lat discu gr δίσκος

Plural: discos
  1. disco alado
    1. s

      Corpo cilíndrico coa base maior ca a altura.

    2. s

      Superficie semellante a un círculo.

    3. s [DEP ]

      Instrumento de forma lenticular que se emprega no lanzamento de disco.

    4. s [DEP ]

      Instrumento en forma cilíndrica, tamén denominado puck, que fai a función de pelota en hóckey sobre xeo.

    5. s [TRANSP ]

      Placa en forma de disco que se utiliza como sinal nas vías férreas.

    6. s [INFORM ]

      Dispositivo a onde chega e se rexistra a información dada de forma binaria. 7

  2. s m

    Peza metálica en que se pintan os sinais do código de circulación.

    1. s [ANAT ]

      Órgano ou estrutura anatómica de forma redonda e achatada.

    2. s [BOT ]

      Excrecencia circular, xeralmente con función glandular.

    3. disco basal [BIOL ]

      Porción basal dilatada do talo dalgúns organismos que ten como función principal a adherencia ao substrato.

    4. disco bucal [ZOOL ]

      Superficie externa da boca dos ciclóstomos en forma de ventosa discoide.

    5. disco cefálico [ZOOL ]

      Prolongación anterior da cabeza dos opistobranquios.

    6. disco imaxinario [ENTOM ]

      Grupo de células indiferenciadas presente nas larvas dos insectos, que co seu crecemento e diferenciación dá lugar a determinadas estruturas no adulto.

    7. disco intervertebral [ANAT ]

      Formación fibrocartilaxinosa circular que se sitúa entre o corpo de dúas vértebras da columna.

    8. disco nectarífero [BOT ]

      Órgano que segrega néctar cando se sitúa no tálamo.

    9. disco táctil/de Merckel [BIOL ]

      Terminación sensorial libre das fibras nerviosas.

    10. disco xerminativo [BIOL ]

      Zona do ovo fecundado que se sitúa xunto ao  polo animal.

    1. s

      Superficie plana e circular onde están rexistrados os sinais sonoros aptos para ser reproducidos en calquera momento.

    2. disco compacto

      CD.

    3. disco promocional

      Disco que non se vende ao  público e que se distribúe de balde aos medios de comunicación para promover o produto entre a audiencia.

  3. s m [ARQUEOL ]

    Útil de traballo bifacial e de aspecto circular que se emprega en tipoloxía lítica.

  4. s m [ARQUEOL ]

    Parte central da cubeta de depósito dunha lucerna.

Citas

  • Nos días de eclipse apréciase perfectamente o disco da Lúa