disciplina

disciplina

lat disciplīna

Plural: disciplinas
    1. s

      Obediencia dunha persoa ou colectividade a unhas determinadas normas de conduta.

    2. s

      Conxunto de regras ou normas que rexen a conduta dunha persoa ou colectividade.

  1. s f
    1. Rama do coñecemento.

    2. [EDUC ]

      Cada unha das materias que se ensinan nun centro educativo conformando un plan académico de estudos.

  2. s f

    Utensilio feito de cadeas ou cordeis que utilizan os penitentes para flaxelarse.

Antónimos

Citas

  • A física é unha disciplina de ensino obrigatorio en bacharelato
  • Aquel colexio era coñecido pola súa forte disciplina
  • Foi xulgado segundo o código de disciplina da orde
  • Para preparar as probas físicas das oposicións segue unha disciplina moi dura