directo -ta

directo -ta
Plural: directos Masculino: directo Masculino plural: directos Feminino: directa Feminino plural: directas
  1. adx

    Que vai en liña recta.

  2. adx

    Que non fai paradas intermedias ou que para só nas estacións máis importantes.

  3. adx
    1. Que se fai sen intermediarios.

    2. [TECNOL ]

      Aplícase á marcha que se transmite á árbore secundaria coa mesma velocidade da primeira.

  4. adx
    1. Que afronta as situacións abertamente.

    2. Aplícase ao discurso ou á linguaxe que expresa o pensamento sen rodeos, empregando a primeira persoa.

    1. adx

      Que segue a orde normal ou máis xeral.

    2. demostración directa [FILOS ]

      Demostración que parte das hipóteses para chegar á tese a través das deducións pertinentes.

    1. s [COMUN ]

      Emisión ou programa televisivo ou de radio transmitido no mesmo momento en que se efectúa.

    2. s [MÚS ]

      Música que se interpreta no momento da actuación.

    3. gravación en directo [MÚS ]

      Gravación que recolle unha actuación sen eliminar o son de ambiente.

  5. falta directa/ golpe franco directo [DEP ]

    Lanzamento contra a portaría que defende o equipo contrario que se executa desde a posición onde foi cometida unha falta.

  6. golpe directo [DEP ]

    Golpe rápido que en boxeo se executa prolongando o brazo paralelo ao chan á altura do propio ombreiro e proxectando cara a diante o corpo.

  7. opoñente directo [DEP ]

    Xogador defensor ao que lle corresponde marcar segundo o sistema defensivo que aplica o seu equipo.