dinámica

dinámica

dinámico

Plural: dinámicas
  1. s f [FÍS ]

    Rama da mecánica que estuda o movemento dos corpos en relación coas forzas que o producen.

  2. s f [FÍS ]

    Relación entre os niveis máximo e mínimo dunha magnitude electroacústica.

  3. s
    1. Maneira en que se desenvolve unha actividade tendo en conta as forzas que a determinan.

    2. Conxunto de forzas que interactúan e producen cambios dentro dunha estrutura en desenvolvemento.

  4. dinámica atmosférica [CLIMAT ]

    Conxunto de todos os mecanismos dinámicos que dirixen a circulación xeral atmosférica e participan nela.

  5. dinámica de grupo [PSIC/SOCIOL ]

    Rama da psicoloxía social que trata sobre o estudo teórico e experimental da formación e evolución dos grupos pequenos.

  6. dinámica de poboacións [ECOL ]

    Estudo do conxunto de procesos que determinan a variación temporal do número de individuos e a composición nas poboacións de plantas e animais nunha comunidade.

  7. dinámica económica [ECON ]

    Rama da análise económica que estuda a acción das variables económicas no tempo.

Citas

  • A dinámica dos acontecementos desembocou nunha rebelión
  • A obra deste pintor é de dinámica realista como se pode apreciar polas formas