digno -na

digno -na

lat dignu

Plural: dignos Masculino: digno Masculino plural: dignos Feminino: digna Feminino plural: dignas
  1. adx

    Que é merecedor daquilo que se expresa.

  2. adx

    Que concorda co mérito e condición de alguén ou algo.

  3. adx

    Que merece o respecto e a estimación dos demais polas súas calidades e o seu comportamento.

Citas

  • A súa principal reivindicación é recibir un soldo digno
  • A súa tese sobre Álvaro Cunqueiro é digna dun premio
  • Aínda que vaia mal vestida, é unha persoa moi digna
  • El é moi digno e non aguantou que lle falasen así
  • O pai explicou cun ton moi digno que quedara arruinado
  • Os seus contos son dignos de García Marquez, Nunca pensei que farías isto, non é digno de ti