diátese

diátese

lat diathĕsis gr διά0εσις   ‘disposición’

Plural: diáteses
  1. s f [PAT ]

    Condición do organismo, conxénita ou adquirida, que predispón a contraer unha enfermidade ou un tipo de enfermidades.

    1. s

      Conxunto de afeccións diferentes que afectan a un individuo e que teñen unha causa común.

    2. diátese artrítica

      Enfermidade atribuída a deficiencias nutricionais e que se manifesta con ataques de gota, obesidade ou litíase.

  2. s f [LING ]

    voz.

  3. s f [LING ]

    Correspondencia que se dá entre argumentos e funcións sintácticas.