diástase
diástase
gr διάστασις ‘separación’
-
s
f
[PAT ]
Separación de dous ósos sen fractura nin luxación que normalmente están xuntos.
-
s
f
[BIOQ ]
Fermento contido no cuspe, nos grans dos cereais, tubérculos e noutras partes vexetais que actúa sobre o amidón dos alimentos transformándoo en azucre.
-
diástase abdominal
[PAT ]
Separación dos músculos rectos abdominais que ocorre algunhas veces no embarazo e despois de operacións abdominais.