diario -ria

diario -ria

lat diarĭu

Plural: diarios Masculino: diario Masculino plural: diarios Feminino: diaria Feminino plural: diarias
  1. adx
    1. Que corresponde a cada día.

    2. Que se realiza todos os días.

  2. s m

    Periódico que se publica cada día.

  3. s m [LIT ]

    Texto autobiográfico en que se realiza unha constatación minuciosa de feitos de cada día, pensamentos ou estados de ánimo.

  4. s m

    Libro de contabilidade obrigatorio onde se rexistran todas as operacións comerciais, activas e pasivas, realizadas diariamente e por orde cronolóxica.

  5. diario de máquinas

    Libro en que os maquinistas que están a bordo de buques rexistran datos relacionados co funcionamento das máquinas e co consumo de combustible e lubricante.

  6. diario de navegación [MAR ]

    Libro que levan a bordo os oficiais da mariña para copiar todas as anotacións que se fan no caderno de bitácora.

  7. diario de operacións [BÉL ]

    Relación detallada e diaria de todo o que lle aconteceu a unha unidade armada nunha campaña, nunhas manobras ou noutra comisión de servizos.

  8. diario falado [COMUN ]

    Xénero radiofónico que consiste en transmitir información oralmente.

Sinónimos

Citas

  • A miña irmá di que non lle chegan 12 euros para o diario
  • Danme unha paga diaria de 6 euros
  • Non coñezo ningunha publicación diaria
  • O meu pai le o diario todos os días antes de comer
  • O teu pai está diario berrándoche

Frases hechas

  • A diario

  • 1 loc adv Todos os d

  • 2 loc adv Todos os d

  • De diario loc adx Que se usa todos os d