diapasón

diapasón

lat diapāson gr διαπασ ῶ ν

Plural: diapasóns
  1. s m [MÚS ]

    Pequeno instrumento metálico con forma de forca que ao vibrar produce un son musical dunha altura determinada, habitualmente en la 3 .

  2. s m
    1. Termo da teoría musical grega, medieval e renacentista, que designaba tanto o intervalo de oitava como a gama de sons comprendidos no ámbito dunha oitava.

    2. Son de referencia convencional que condiciona a afinación dos sons restantes do sistema musical.

    3. Extensión dos sons dunha voz ou dun instrumento musical, do máis grave ao máis agudo.

  3. s m [MÚS ]

    Peza de madeira fixada sobre o mastro dos instrumentos de corda fretada ou pulsada, sobre a que os dedos da man esquerda premen as cordas para facer variar a altura do seu son.

  4. s m [FÍS ]

    Fonte sonora de ton fixo, constituída por unha variña dobrada pola metade e que vibra de maneira transversal.