diafragma

diafragma

lat diaphragma gr διά ϕ ραγμα   ‘separación’

Plural: diafragmas
  1. s m [ZOOL ]

    Tabique musculomembranoso abovedado que separa o abdome do tórax no corpo dos mamíferos e que ten un papel fundamental na respiración.

  2. s m

    Membrana ou peza que separa dúas cavidades.

    1. s

      Abertura regulable dunha cámara fotográfica, cinematográfica, de televisión ou de vídeo que permite modificar a cantidade de luz que atravesa o sistema óptico da cámara.

    2. diafragma de iris

      Anel de follas ou láminas superpostas a carón ou no propio obxectivo, e que se dedican a controlar o tamaño da abertura.

  3. s m [FÍS ]

    Calquera dispositivo que limita un feixe de raios que atravesa un sistema óptico.

  4. s m [FÍS/QUÍM ]

    Tabique poroso para separar solucións nunha pila eléctrica en procesos electrolíticos.

  5. s m [TECNOL ]

    Lámina situada perpendicularmente á dirección do movemento dun fluído e cun burato concéntrico co eixe do conduto, que se utiliza na determinación do caudal.

  6. s m [BOT ]

    Membrana que establece separacións no interior dalgúns froitos.

  7. s m [MED ]

    Dispositivo anticonceptivo que consiste nun disco de látex ou outro material plástico, que se coloca antes do colo uterino.

Citas

  • Danaron o diafragma da cámara e non podemos seguir gravando
  • O diafragma destes froitos contén alcaloides