diabete
diabete
lat diabētes gr διαβ ή της, de διαβαίνω ‘atravesar’
-
s
f
[PAT ]
Grupo de afeccións caracterizadas por un exceso de diurese e de sede intensa.
-
diabete insípida
[PAT ]
Enfermidade que se caracteriza por unha alteración na regulación hidrosalina do organismo.
-
diabete mellitus/sacarina
[PAT ]
Síndrome que se caracteriza por un trastorno do metabolismo dos hidratos de carbono, en que se produce un aumento da concentración de glicosa en sangue e a aparición de glicosa nos ouriños.
-
diabete química
[PAT ]
Diabete que se dá asintomaticamente en persoas que presentan unha curva de glicemia patolóxica. OBS: Tamén se denomina intolerancia á glicosa.