determinar

determinar

lat determĭnāre

  1. v t

    Establecer os termos ou límites dalgunha cousa.

  2. v t
    1. Establecer algo de maneira precisa.

    2. Indicar con precisión por medio dunha investigación, cálculo ou razoamento.

  3. v t

    Chegar a unha decisión.

  4. v t

    Ser unha cousa a causa ou motivo de algo.

  5. v t

    Inducir unha cousa a alguén a actuar de determinada maneira.

  6. v t [DER ]

    Indicar unha autoridade, lei ou orde o que ten que facerse ou como deben facerse certas cousas.

  7. v t [LING ]

    Asociar un determinante a un substantivo para precisar circunstancias da súa significación.

  8. v t [BIOL ]

    Formar xuízo das características e límites das distintas categorías taxonómicas.

  9. v t [BIOL ]

    Estudar un ser vivo para asignalo ás categorías taxonómicas que lle corresponden.

Sinónimos

Confrontaciones

acordar, calcular, decidir, delimitar, designar, fixar, motivar, precisar, resolver, sinalar

Citas

  • A Constitución determina que todos somos iguais, sen distinción de raza ou de cor
  • A inestabilidade política determinou a súa saída do país
  • As boas notas nos exames determinárono a seguir cos seus estudios
  • Determineime a seguir cando vin que non había máis candidatos
  • O primeiro capítulo determina o ámbito de estudio da disciplina
  • Onte determinou marchar un ano a Inglaterra para aprender inglés, Na última reunión determinamos a data do exame
  • Os periodistas pedíronlle que determinase cál era a súa postura en relación ao tema
  • Os químicos determinaron as cantidades que teñen que levar estes compostos
Conjugar
VERBO determinar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
determino
determinas
determina
determinamos
determinades
determinan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
determinaba
determinabas
determinaba
determinabamos
determinabades
determinaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
determinei
determinaches
determinou
determinamos
determinastes
determinaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
determinara
determinaras
determinara
determinaramos
determinarades
determinaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
determinarei
determinarás
determinará
determinaremos
determinaredes
determinarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
determinaría
determinarías
determinaría
determinariamos
determinariades
determinarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
determine
determines
determine
determinemos
determinedes
determinen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
determinase
determinases
determinase
determinasemos
determinasedes
determinasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
determinar
determinares
determinar
determinarmos
determinardes
determinaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
determina
-
-
determinade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
determinar
determinares
determinar
determinarmos
determinardes
determinaren
Xerundio determinando
Participio determinado
determinada
determinados
determinadas