destilación
destilación
lat destilatĭone
-
s
f
Acción de destilar.
-
-
s
Proceso de separación dos compoñentes dunha mestura líquida por vaporización parcial da mesma, cuxa fracción vaporizada se condensa e se recupera como líquido.
-
destilación azeotrópica
rectificación azeotrópica.
-
destilación destrutiva/seca
Destilación que consiste na descomposición térmica de substancias orgánicas complexas en ausencia de aire para rompelas.
-
destilación fraccionada
Destilación na que o vapor producido se condensa en diversas fraccións correspondentes a intervalos determinados de temperatura.
-
destilación ao baleiro
Destilación dunha mestura líquida a presión reducida, inferior á atmosférica.
-
destilación simple
Destilación en que se vaporiza parcialmente a mestura, se condensan os vapores e se recolle o destilado separadamente do residuo.
-
s