agresión

agresión

lat aggressiōne agredi ‘acometer, atacar’

Plural: agresións
  1. s f

    Acción e efecto de agredir.

  2. s f [BIOL ]

    Ataque contra o equilibrio ou a integridade dos organismos.

  3. s f [BIOL ]

    Interacción específica entre animais que se enfrontan mediante ameazas, ataques ou combates.

  4. s f

    Acción ilexítima non xustificada legalmente contra os bens ou os dereitos dunha persoa e, en especial, contra a súa integridade física.

  5. agresión internacional [DER ]

    Acción dun estado que toma a iniciativa de atacar coas súas forzas armadas o territorio ou as forzas armadas doutro estado.

  6. agresión sexual [DER ]

    Delito que consiste en atentar contra a liberdade sexual dunha persoa con violencia ou intimidación.

Sinónimos

Citas

  • As continuas agresións contra o organismo humano debilítano
  • Esta mañá houbo unha agresión contra a embaixada de EE UU