desoxirribonucleico
desoxirribonucleico
Nome científico:
ADN
Plural:
desoxirribonucleicos
adx
m
[BIOQ ]
Aplícase ao ácido portador da información xenética que se localiza no núcleo como compoñente fundamental dos cromosomas e tamén noutros orgánulos, como son as mitocondrias ou os cloroplastos. Está constituído por dúas longas cadeas dispostas en dobre hélice, de desoxirribonucleótidos unidos covalentemente por pontes 3’,5’-fosfodiéster; a cada unidade de desoxirribosa vai unida unha base nitroxenada que pode ser: adenina (A), timina (T), citosina (C) ou guanina (G), e que son as portadoras da información xenética.